Monday 06 de May de 2024

A Xunta de Voceiros estuda novas medidas fiscais para paliar o impacto económico desta crise


 

Na reunión desta mañá, as/os representantes das distintas forzas políticas analizaron varias propostas co fin de reactivaren os diferentes sectores tras o parón e alonxaren do perigo ás persoas en risco de exclusión social
A Xunta de Voceiros reuniuse de novo esta mañá para
debater conxuntamente propostas que supoñan un beneficio para a economía desta cidade
tras o impacto derivado da crise sanitaria actual. O concello está estudando, tal e como o
expresou o voceiro do Goberno local, José Manuel Lage, futuras medidas de cara a paliar
as consecuencias do parón nas arcas municipais e para tratar de destinar os máximos
recursos á veciñanza máis vulnerable.
As e os representantes das distintas forzas políticas analizaron posibles políticas de
investimento co fin de que os sectores que moven a economía da cidade poidan retomar a
súa actividade. Tamén barallan a aprobación de novas medidas fiscais que alonxen do
perigo ás persoas que se atopan en risco de exclusión social. Ademais, a alcaldesa, Inés
Rey, e o voceiro municipal, José Manuel Lage, informaron das novidades con respecto da
situación de confinamento e da evolución dos servizos que están en marcha por parte do
concello para lle dar cobertura á cidadanía.